Transferencia do coñecemento: un botón




Moitos PDIs confunden diversas actividades, desenroladas en entornos académicos pero abertas a calquera persoa e alléas aos cauces máis oficialistas dos recoñecementos curriculares, con "transferencia do coñecemento".


Pero, sexamos claros, cando se organizan estos eventos, ¿canta xente alléna á universidade e centros de investigación esperamos que se achegue a este exclusivo entorno buscando familiarizarse con certo coñecemento científico dun xeito informal e accesible?


Unha das máximas para exercer a divulgación científica cecais debería ser que a ciencia salira da súa zona de confort e se achegase aos lugares que transitamos a xente común e corriente. Pero, claro, esto require un esforzo que está pouco ou nada valorado entre moitos membros da comunidade científica, que en xeral está bastante sobrecargada por multitude de tarefas investigadoras, docentes e/ou meramente administrativas, que teñen que afrontar ao longo de toda a súa vida académica.


A administración pública ven impulsando diversas medidas para paliar esto: por exemplo, a convocatoria anual de proxectos para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e de innovación da FECYT (que moitos PDIs descoñecen pese á súa lonxevidade), ou o "sexenio de transferencia", aínda pouco definido e do que esperamos unha 2ª convocatoria para este 2021, despois da primeira publicada nada menos que en 2018.


Semella que a administración adica insuficientes esforzos en difundir sobre a importancia da difusión científica entre os científicos. E o que parece ser un trabalinguas é realmente unha cuestión máis trascendental. Porque si os científicos non están concienciados (ou motivados) para facer transferencia do coñecemento real, o tecido social non poderá esixir máis investigación científica e de calidade, e poderá ser enganado máis fácilmente por vendedores de fume.


"El Sentido de la Birra" é un interesante programa de entrevistas emitido a través de YouTube, ao que acoden maioritariamente persoeiros do mundo do espectáculo. Resulta unha agradable sorpresa que entre eles i elas se cole Deborah García Bello para falarnos dunha chea de cousas que nos poden facer reflexionar sobre a ciencia e como nos está a chegar á sociedade en xeral.




40 vistas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square