top of page

Se publica no DOGA a convocatoria de complementos de excelencia da ACSUG


Se publica a resolución do 11 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avalIación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2021 (código de procedemento ED701A).


O persoal docente e investigador deben ter, polo menos, un ano de servizo na súa praza cumprido o 31 de decembro de 2020.


Ter concedidos e recoñecidos, polo menos, 2 quinquenios e 1 sexenio de investigación, con data igual ou anterior ao 31 de decembro de 2020.


Os méritos que se valoran estarán comprendidos no período 2016-2020.


Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitud (anexo III), no modelo dispoñible na aplicación informática do consorcio ACSUG, á cal se deberá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas.


Feito isto, deberá xerarse o correspondente documento PDF e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal


O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.



Imagen procedente de vecteezy.com

83 visualizaciones
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page