Convócanse bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego
ORDE do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego.
Fin de prazo para a presentación de solicitudes: 23/03/2018
O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Serán tutelados, dirixidos e coordenados polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas os/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
• Historia ou Antropoloxía.
• Historia da arte.
• Arqueoloxía.
1. b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga.
3.3. Non gozar, con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria, de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro meses (24) das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.
4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ser sancionado por infracción cometida durante o goce dunha bolsa concedida para a formación en materia de patrimonio moble galego.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.
Pica aquí para ler todo texto da convocatoria.
Tags: