Ortigueira Arqueolóxica (6 decembro 2017)

Este sábado, 9 de decembro a partir das 11:00h., tedes a oportunidade de asistir a un máis que recomendable ciclo de conferencias que se celebran no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, que versa sobre a arqueoloxía galega e asturiana, dende unha mirada distinta e aberta a todo o público en xeral.
Esta actividade gratuita está financiada polo Concello de Ortigueira e organizada polos membros do Grupo de Investigación Síncrisis, Pilar Prieto, Javier González e Marco García, con quenes colaboramos.
Os conferenciantes serán Lois Armada Pita, César Parcero Oubiña, Javier González García e Carlos Otero Vilariño.